Cogomelos #1

 

Antes de comezar coas actividades propiamente relacionadas coas plantas silvestres realizamos unha serie de actividades relacionadas co recoñecemento de cogomelos e o vocabulario galego en torno a eles.

Tivemos unha conferencia a cargo de Carlos Pérez Álvarez, presidente da asociación micolóxica de Monforte Lactouros, que lles ensinou a recoñecer as especies comestibles máis frecuentes na zona. Ese mesmo día fixemos unha saída para recoller cogomelos polos montes da zona e ó mesmo tempo traballouse o recoñecemento e vocabulario das plantas da zona.






Comentarios