Creación dun sementeiro

 

Os alumnos fixeron a mestura para sementar seguindo as porcentaxes que se lles indicaron. Encheron unhas bandexas con esa mestura e colocaron as sementes en filas. (Sementamos variedades de plantas de horto, de xardín e aromáticas). Cubríronas con terra peneirada, pulverizaron con auga e taparon as bandexas con plástico transparente. Despois de permanecer unhas semanas a boa temperatura e con rego frecuente, ao lado dunha fiestra no laboratorio de bioloxía, empezaron a saír as primeiras plántulas.





Comentarios