Visita do IES Escolas Proval de Nigrán
Realizamos un intercambio co IES Escolas Proval de Nigrán que seguramente lles devolveremos o próximo curso. O obxectivo era compartir as nosas experiencias relativas ao fitofaladoiro.
A visita organizámola e tres partes.
Presentación.
Dúas alumnas de primeiro de ESO explicaron as actividades principais que realizamos acompañadas dunha presentación en Genially.
A presentación pode verse neste enlace:
https://view.genial.ly/62b06040010ec4001a900813/interactive-content-fitofaladoiro-21-22
Obradoiros.
A continuación dividimos os alumnos en catro grupos para participar en distintos obradoiros polos que foron rotando. Os nosos alumnos participaron como axudantes nos obradoiros.
Os obradoiros foron:
Obradoiro de papel reciclado ( Neste taller explicouselles o proceso de facer papel e viron tamén o herbario sobre papel reciclado que tiñamos preparado para a exposición. Tamén se lles explicou como se fixeron os marcadores coas partes da planta).
Obradoiro de origami (Fixeron plantas de papel).
Visita ao horto. Os alumnos visitaron o horto e explicoulles como se realizou.
Adiviña a aromática (Actividade de recoñecento de prantas aromáticas polo cheiro)
Excursión
Despois dos obradoiros os alumnos visitantes e os nosos alumnos de primeiro da ESO fixeron unha excursión pola Ribeira Sacra. Visitaron a cerámica de Gundivós, o parque que leva ao castelo (No que se foron explicando algunha das plantas que se atoparon polo camiño) e o castelo, o miradoiro de Cadeiras e a ribeira do río Lor.
Comentarios
Publicar un comentario