Sementeiro

Ao longo do curso realizamos o proceso completo de creación dun horto escolar.
Tentamos que os alumnos se iniciaran nas tarefas agrícolas e de traballo no horto, que coñeceran as técnicas de cultivo da agricultura ecolóxica, que manipularan elementos como a terra, a auga, os abonos e as sementes.
Realizaron todos os traballos prácticos encamiñados a ter un coñecemento do funcionamento dun horto e as necesidades e coidado de cada unha das plantas. Adquiriron un coñecemento do proceso de crecemento de algunhas especies hortícolas. Aprenderon a coñecer e usar as ferramentas e útiles propios para o traballo na horta. Aprenderon tamén a diferenciar entre as técnicas de agricultura intensiva e de agricultura tradicional.
Buscamos o cambio de actitudes e valores nos alumnos a respecto do entorno, que valoraran as relaciones entre o medio natural e as actividades humanas e crear hábitos de boa saúde, nutrición, manexo e protección do medio ambiente.
A creación do horto contribuíu tamén ao coñecemento das especies de plantas de horto e o vocabulario galego relativo a elas.


Encetamos o proxecto creando un sementeiro.
Os alumnos fixeron a mestura para sementar seguindo as porcentaxes que se lles indicaron.
Encheron unhas bandexas con esa mestura e colocaron as sementes en filas. (Sementamos variedades de plantas de horto, de xardín e aromáticas). Cubríronas con terra peneirada, pulverizaron con auga e taparon as bandexas con filme transparente.
Despois de permanecer unhas semanas a boa temperatura e con rego frecuente, ao lado dunha fiestra no laboratorio de bioloxía, empezaron a saír as primeiras plántulas.
Os alumnos da ESO foron os encargados de regalas todos os días ata que medraron o suficiente para o transplante en bandexas multipoots.



Comentarios