PRAGAS MÁIS HABITUAIS NAS HORTAS
Conseguir que o plantado nunha horta vaia para arriba non é unha cuestión intrascendente, posto que todo o que poidamos plantar pode resultar ser un manxar suculento para algúns bichiños. COMER HAI QUE COMER!
Preguntando ós nosos maiores sobre cales son as pragas que máis lles atacaban ás plantas das súas hortas, dixéronnos que eran os caracois, as lesmas, os pulgóns, a mosca branca, a araña vermella, as eirugas, o mildio e o oídio.
1. Caracois e lesmas: Son os animais máis frecuentes nas hortas e os que máis fan perder os nervios ós horticultores pois acábanlles coas leitugas! E por moito que se faga, cando se vai lavar a leituga, sempre aparece algunha lesma! Aínda que non hai mal que por ben non veña, xa que iso é signo de que a leituga non foi tratada con ningún pesticida. 2. Pulgóns: Hai diferentes especies, pero todas se caracterizan por perforar as follas e os talos das plantas para succionar o zume que discorre por elas. Aféctanlles sobre todo ás fabas, ós chícharos, ás coles e ás patacas.
TAREFA DE AULA
1. Traballar o vocabulario relacionado coas pragas das hortas.
2. Identificar estas pragas. Pedirlles ó alumnos que fotografen exemplares hortícolas enfermos para na clase debater sobre a causa da enfermidade.
NOUTRA ENTRADA, PÓDENSE CONSULTAR OS REMEDIOS NATURAIS QUE OS MAIORES DA ZONA EMPREGAR PARA COMBATER ESTAS PRAGAS.
(Traballo e actividade de aula realizados polo departamento de bioloxía cos alumnos de 3º da ESO)
Comentarios
Publicar un comentario