Herbario de saúde e beleza

 

HERBARIO DE SAÚDE E BELEZA

Traballo realizado polo alumnado do ciclo de Auxiliar de Enfermaría

Sabugueiro

Usado para tratar o moquillo canino (tamén chamado como distemper ou enfermidade de Carré), enfermidade infectocontaxiosa de orixe viral. Para obter a acción antiviral colócase arredor do pescozo do animal un colar de contas feitas de pequenos segmentos de póla de sabugueiro enfiados cun arame.

Tamén se usa como purificante para tratar enfermidades da pel, poñendo a súa flor a macerar en auga con pétalos doutras flores expostas ao resío de San Xoán.

Rocío López Pérez


Plantago lanceolata

Lingua de gato, diantén, sete raias.

Planta autóctona da miña zona do Incio, caracterizada por presentar cinco raias na folla. Utilízase para tratar os eccemas nas dedas dos pés dos nenos mediante frotación.

Rocío López Pérez


Ruscus acuelatus


Nome en galego: xilbardeira, xilbarda,baiboa,brusca, escudeixo....

Arbusto de folla perenne e brotes planos, da especie das espermatófitas e a familia das asparagaceas. Atópase en zonas sombrías e prefire solos básicos, secos e fértiles. Os seus froitos son vermellos e grandes, só producidos polos exemplares femininos.

É un arbusto orixinario de Eurasia,en Europa predomina no Sur do continente. En Galicia pódese atopar na "Serra do Galiñeiro" e nas Illas Cíes. Contén gran cantidade de taninos, glicósidos, resina, calcio e potasio. O seu uso medicinal para: hemorroides, varices, celulites, flebites. Efectos diuréticos en cálculos de vesícula e riles, gota e artrite, xa que axuda a eliminar o ácido úrico.

Contraindicacións: embarazo e lactación, ademais as súas bagas consumidas por nenos vómitos, diarreas e convulsións.

Preparación en infusión: 35 gramos da raíz da planta en 1 litro de auga, deixar ferver durante 10 min. Para maior concentración. Outras aplicacións en forma de lavados, baños de asento e fregas.

María del Mar Teixeira Timiraos

Comentarios