Horto

Cultivando o horto


Mediuse o terreo e buscouse a mellor situación para as parcelas, buscando maximizar a distancia ás
árbores. Logo realízáronse unhas catas e cavado para determinar a calidade e profundidade do chan. Unha vez situadas as parcelas, procedeuse ao seu abonado con pellets de abono de cabalo e fresado con motocultor. Ao ser a profundidade do terreo algo menor que 20 cm, procedeuse a incorporar terra para subir o nivel uns 6 cm. 







Realizouse un último cavado do terreo mesturando a terra incorporada coa existente e retiráronse restos de entullos e restos de raíces e herbas. A continuación sementamos as distintas liñas:

PARCELA PEQUENA: Cebolas, chícharos, cenorias, perexil, allos porros e leitugas de distintas variedades (lisa e rizada, branca e negra).

PARCELA GRANDE: Tomates de distintas variedades (principalmente corazón de boi e cherry), pementos de Padrón e Ourense, berenxenas, verzas, acelgas brancas e vermellas, remolachas, romanescu, brócoli e xudías trepadoras.

Tamén se sementan fóra dos bancales unhas cabaciñas, máis tomates, liño e amorodos. Colócanse turores de bambú e mimosa para os tomates e as xudías.






Instálase un programador e as distintas ramas de rega por goteo.

Colócanse as aromáticas ao redor dos hortos, aproveitando a rega por goteo.

Por último tivemos que usar pesticidas naturais para eliminar algúns inquilinos non desexados que apareceron.





Comentarios