Herbario


1. Recollida de plantas

Esperamos a primavera para facer a recollida e obter mellores exemplares, a poder ser con flor.

 Os alumnos de primeiro da ESO, despois de ver os vídeos sobre recollida e prensado da web do Fitofaladoiro, de explicarlles os campos das fichas de recollida e de aprender a manexar algunhas aplicacións web para a identificación de plantas (PlantNet, Google Lens) adicáronse durante un fin de semana a recoller as plantas.

Deixámolas unhas semanas prensando e secando.Creouse un formulario para que os propios alumnos puideran cubrir a folla de Excell. 

Para facelo contamos coa axuda dos profesores de sistemas Electrónicos e do seu alumnado.

Fixemos un único herbario elixindo os mellores exemplares dos que trouxeron os alumnos.

Pegamos as plantas sobre cartolinas A3 e preparamos unha encadernación usando reproducións impresas. 


2. Exposición de plantas do herbario.

Cos exemplares repetidos decidimos preparar unha exposición sobre papel reciclado para colocar na cortiza dun dos corredores do instituto.



3. Creación de papel reciclado.

Os alumnos de segundo e terceiro da ESO aprenderon a facer as follas de papel reciclado.

Puxemos a remollo papel sacado da estrizadora de papel do instituto. Trituramos o papel nun vaso batedor para crear a polpa. Botámoslle algo de lixivia para evitar os fungos.

Cuns bastidores cubertos dunha rexilla fina sacamos as follas de polpa.

Secámolas entre teas, papel de xornal e paneis DM. Prensámolos usando enciclopedias e deixámolos secar.





3. Marcadores

Outra actividade relacionada co herbario foi a realización duns marcadores nos que se presentaban as distintas partes da flor.

Os alumnos separaron as partes, secáronas, colocáronas nos marcadores e logo plastificáronas.


Comentarios